Ayudas a la transformación digital de las pymes

Obxecto e requisitos dos proxectos

Estas axudas están destinadas a apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.

Artigo 4. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0001_gl.html

www.xunta.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ir al contenido