Obxecto
Fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda.
Artigo 4. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia.
Artigo 5. Condicións e conceptos subvencionables
1. Poderá ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia. O importe mínimo subvencionable deberá acadar 10.000 €.
Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser novos, adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.
Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da startup solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
No formulario incluirase a xustificación dos gastos e investimentos realizados mediante a modalidade de conta xustificativa simplificada, regulada no artigo 51.1 do Decreto 11/2009.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0005_gl.html
