préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia

modalidades:

1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

2. Préstamos para a concentración de empresas.

3. Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

4. Préstamos para financiar capital circulante na industria manufactureira, enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, e para as empresas do sector da pesca, acuicultura, así coma a transformación e comercialización dos produtos destes sectores.

5. Préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.

6. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

7. Préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.Artigo 1. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-271224-0002_gl.html

www.xunta.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ir al contenido